Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

30/05/2017
Amalia Bóveda nas Conversas na Uvi
Unha nova cita de Conversas na Uvi este martes coa mestra Amalia Bóveda

A mestra e filla de Alexandre Bóveda e Amalia Álvarez conversará esta tardiña do martes co xornalista de Diario de Pontevedra Serafín Alonso nunha nova cita de Conversas na UVI, un ciclo organizado polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e Diario de Pontevedra no que xornalistas deste medio realizan entrevistas pausadas a personaxes relevantes da vida pontevedresa.

 Os encontros pretenden crear un espazo tranquilo e pausado, lonxe do balbordo da actualidade

Amalia Bóveda é unha delas, por iso estará este martes na Casa das Campás. Entre todo o que ten que contar, Amalia falará de como os falanxistas lle roubaron a seu pai antes de que puidese coñecelo, do sufrimento da súa nai e dos anos de medo que seguiron ao golpe de Estado de 1936 e á Guerra Civil. A filla de Alexandre Bóveda, fundador do Partido Galeguista e asasinado na Caeira o 17 de agosto de 1936, forma parte da historia máis t r á x i c a d e Pontevedra e o seu testemuño é historia viva da cidade do Lérez.

A entrevistada tamén falará da súa nai, Amalia Álvarez, que quedou viúva con catro fillos e embarazada da propia Amalia. As peripecias da viúva para sacar adiante á familia ou o acoso ao que se viu sometida por non comulgar co réxime Franquista tamén terán espazo na charla que se celebra o martes na Casa das Campás, na que a entrada é de balde.

"Trátase dun personaxe singular da historia de Pontevedra, cunha memoria viva á que temos que suxeitarnos como unha referencia para a comunidade. Abofé que será unha das conversas máis entrañables e emotivas desta edición de Conversas na UVI", explica o organizador do ciclo, Ramón Rozas, sobre a convidada deste encontro.

 A sexóloga Ana Castro Liz e o adestrador de balonmán Víctor García Pillo serán os próximos convidados a Conversas na UVI

Polas butacas do edificio pontevedrés xa pasaron ao longo desta edición outras personas relevantes da cidade, como a académica e mestra Fina Casalderrey, entrevistada por María Varela; o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, que falou con Rodrigo Cota; o escritor Juan Tallón, que falou con Rafa Cabeleira, e o historiador e militar Xosé Fortes, que sentou a conversar con Bernardo Sartier. A finalidade destes encontros é ofrecer un espazo relaxado de reflexión onde conversar sobre a traxectoria vital dalgunhas das persoas que destacan no eido das artes, a política ou o deporte en Pontevedra. Trátase de atopar un lugar alonxado do balbordo da actualidade, que a miúdo non deixa tempo para pensar de xeito pausado.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es