Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

08/06/2017
O cine de François Dupeyron no ciclo de cine


Mon âme par toi guérie, François Dupeyron (2013)

Sesión 5. Venres 9 de Xuño de 2017

Sinopse:

Tras falecer a nai de Fredi traspásalle o seu don. O don de curar á xente a través das súas

mans. En principio Fredi rexeita este don, non quere nin falar del, pero acabará por aceptalo...

Ficha Técnica


Dirección:
François Dupeyron.
Guión: François Dupeyron a partir da súa obra titulada Chacun pour soi, Dieu s’en fout
Música: Roman Reg, Vanupié, The Swingsons, Nina Hagen.
Fotografía: Yves Angelo.
Son: François Maurel.
Vestiario: Catherine Bouchard.
Montaxe: Dominique Faysse.
Reparto: Grégory Gadebois, Céline Sallette, Jean-Pierre Darroussin, Marie Payen, PhilippeRebbot, Agathe Dronne, Nathalie Boutefeu, Stephan Wojtowicz, Anthony Paliotti
Produción: Paulo Branc, Kinology.
Duración: 124 m.

Filmografía recomendada de François Dupeyron:

Dr�le d’endroit pour une rencontre (1988), Un coeur qui bat (1991), La Machine (1994), C’est quoi la vie? (1999), La Chambre des officiers (2001), Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran (2003), Inguélézi ( 2004), Aide-toi, le ciel t’aidera (2008), Trésor (2009).

Un pouco de bibliografía


- Azalbert, Nicolas: «Mon âme par ti guérie », Cahiers du Cinéma nº 693, octobre 2013, p.45.

-Frodon, Jean Michel: Le Cinéma Français de la Nouvelle Vague à nos jours. Paris: Cahiers du Cinéma, 2010, p. 360, 869,1083.

Ao redor do filme

“Se o seu realizador rexeita encerrarse nun xénero preciso, se o filme parece recuperar unha tradición naturalista moi francesa, é para cuestionar os seus propios principios e transcendelos”. François Rauger. Le Monde.

“Non é perfecto mais entrañable pola súa liberdade de ton e de fondo" Les Inrockuptibles.

“A actuación de Grégory Gadebois no novo filme de François Dupeyron é unha das máis extraordinarias que se viron desde hai anos”. Pascal Mérigeau, Le Nouvel Observateur.

“Unha historia forte e sensible que se alimenta do irracional e do fantástico para transcender as continxencias do real”. Ouest-France.

“Dupeyron impón un universo moi orixinal, enigmático e cativador”. Marie-noëlle Tranchant, Le Figaroscope.

“Un filme vibrante de humanidade, sustentado polo talento de Céline Sallette, Grégory Gadebois e Jean-Pierre Darroussin”. Arnaud Schwartz, La Croix.

Percorrido Pedagóxico

- A adaptación da súa propia obra.

- Cine social, realista?. Os marxinados

- Grégory Gadebois.

- A posta en escena: a música, a luz.

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es