Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

29/11/2017
Jeniffer Pereda, expón a súa obra


A obra “Irse” consta de entrevistas de audio que conteñen os desexos de persoas que migraron a Pontevedra, as cales se poderán escoitar en toda a sala. Outro dos compoñentes da obra son as imaxes onde se utiliza, como metáfora, o valor dos paxaros e se incorporan as palabras Me voy y Me fui. A intención e mostrar os soños e a realidade de aqueles que migraron como un medio a través do cal eles imaxinaron o seu futuro, e falar da busca constante do fogar.

A súa obra xurdiu, dado que Jeniffer emigrou dende México a Galicia especificamente a Pontevedra, onde viviu durante un período de 5 meses. Nese tempo coñeceu a moitas persoas que emigran dende diferentes países. Ademais de que a inmigración foi parte da súa vida dende cativa xa que a súa familia e ela emigraron a de Cuba a México, o que fai deste tema algo moi próximo.

A obra poderá visitarse, os vindeiros 27, 28 e 29 de novembro na planta baixa da Casa das Campás. 



Documentos
Obra Irse.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es