Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

07/12/2017
A Parada dos Monstros, Freaks (1932)


Un filme dirixido por Tod Browning do ano 1932. Cunha duración de 64 minutos, este filme basease nun circo cheo de seres deformes, tullidos e persoas con diversas amputacións, Hans, un dos ananos, herda unha fortuna. A partir dese momento, Cleopatra, unha fermosa trapecista, tenta seducilo para facerse co seu diñeiro. Para lograr o seu obxectivo, traza un plan contando coa complicidade de Hércules, o forzudo do circo.

A película foi interpretada por persoas con deformidades físicas reais e enfermidades, como: ananismo acondroplásico, síndrome de Virchow-Seckel, microcefalia, entre outros. Polo que non foi necesario o uso de efectos especiais de maquillaxe, excepto nunha breve escena ao final da película.

Harry Earles (o enano Hans) e Daisy Earles (a súa prometida Frieda na película) eran irmáns na vida real, de orixe alemá, e formaron a compañía teatral The Doll Family.



Documentos
Programa ciclo cine.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es