Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

16/02/2018
Bolsa de formación para o estudantado de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, 2017/18


O obxecto da bolsa é mellorar as habilidades de manexo das ferramentas específicas do ámbito do deseño e moda, tanto nos talleres de patronaxe e costura como nas aulas informáticas con softwares específicos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a no curso 2017/2018, e durante todo o período de duración da bolsa, nos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.
  • Ter superado 60 créditos do 1º curso. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.

Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  • Curriculum Vitae
  • Documentación acreditativa dos coñecementos básicos de informática e/ou equipos electrónicos das aulas e talleres características de deseño téxtil e moda.


☞Formulario de solicitude

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es