Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

08/02/2018
Doce centros de ensino levarán ás súas investigación ao campus en Pontenciencia 2018


Doce centros de ensino de Pontevedra e preto de 500 estudantes e docentes participan desde a semana pasada nos coloquios formativos sobre o método científico que poñen inicio a unha nova edición de Pontenciencia, un programa promovido pola Concellería de Educación coa colaboración da Universidade de Vigo que levara aos alumnos e alumnas de Primaria a desenvolver unha serie de experimentos científicos que, os días 1 e 2 de xuño, defenderán diante dun comité científico integrado por profesorado do campus na Feira da Miniciencia, que terá lugar un ano máis na Escola de Enxeñaría Forestal.

Segundo informou o Concello nun comunicado, a Concellería de Educación e da Educación e o comité científico de Potenciencia mantiveron unha serie de reunións para pór en marcha unha nova edición desta iniciativa, na que tamén deron comezo os coloquios abertos ás familias que tamén queiran desenvolver os seus propios experimentos para a modalidade de Ciencia en Familia, para as que están previstas dúas conferencias na Casa da Luz, unha este xoves ás 18.00 horas e outra o sábado 3 de marzo ás 10.00 horas.

No relativo á modalidade de Ciencia no Cole, participan nesta nova edición de Pontenciencia, que conta co patrocinio da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt), os centros Sagrado Corazón de Praceres, Carlos Oroza, Santo André de Xeve, San Bieito de Lérez, Príncipe Felipe, Sagrado Corazón de Jesús, San Martiño, Vilaverde, Froebel, Marcón, San José e Ponte Sampaio.

Novidades

A conmemoración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a través dunha colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC constituirá, segundo adiantou o Concello, unha das novidades de Pontenciencia 2018, xunto con actividades como Detectives de fotografías, sobre a representación do xénero na publicidade e nos libros de texto, unha iniciativa que se levará a cabo coa colaboración da profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Ana Rey Cao e do seu grupo de investigación. Outras das novidades, salienta o concello, serán a exposición e o xogo de cartas Mulleres faro, que porán de relevo a traxectoria de científicas ou artistas, a participación de empresas con diferentes obradoiros ou a creación dun “banco audiovisual” de propostas de investigación


☞Artigo de Eduardo Muñiz para o DUVI

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es