Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

23/04/2018
SaudARTE


Convocatoria de Arte Postal

“Queremos SaudArte dende o Green Campus”

A Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, convoca un certame de Arte Postal co Green Campus como fío condutor.

PARTICIPADE!

Invitamos a todas as persoas que o desexen (de calquera idade e parte do mundo) a participar nesta convocatoria, enviando obras, de xeito individual ou colectivo, a través do Correo Postal.


ARTE POSTAL

A Arte Postal é un movemento planetario de intercambio e, sobre todo, de comunicación, a través do Correo.

Os seus antecedentes atopámolos no primeiro cuarto do século XX (1928), e a súa meirande contribución á humanidade non é a de deseñar un estilo concreto, nin a produción de obras de arte, senón a creación dunha rede de comunicación e intercambio onde, de xeito aberto, as persoas, artistas ou non, pero sempre interesadas no tema do que se trate, reciben información, dan información e exprésanse libremente. É unha rede viva que reflicte os cambios producidos na sociedade; utilizada en ocasións como instrumento de concienciación, e que permite observar os diferentes camiños que toma a sociedade grazas á súa condición cambiante (unha das características da Arte Postal é a súa adaptabilidade).

OBXECTIVOS

Con este certame búscase:

  • Invitar ao persoal do Campus de Pontevedra, en particular, e a toda a xente, en xeral, areflexionar sobre as accións que melloran o ambiente e a repercusión que iso ten sobre a nosa saúde e as nosas vidas.

  • Fomentar, arredor do ambiente, unha actividade creativa e positiva, combinando arte,ciencia e sociedade, e establecendo un espazo aberto no que as persoas participantes xoguen un papel fundamental.

  • Integrar a Universidade nas actividades sociais de vangarda, para facer posible que setraballe sobre un tema non só co seu estudo (aspecto máis científico-técnico e obxectivo) senón tamén coa súa expresión máis íntima (aspecto máis subxectivo), e que este traballo sexa o máis participativo posible.

  • Abrir vías de colaboración entre os grupos de investigación da universidade e os seusproxectos, e os grupos sociais, habitualmente máis lonxe dos estamentos científicos e máis preto das persoas dunha poboación determinada.

Data límite: 17 de Maio



Documentos
SaudARTE_18.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es