Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Obradoiros

17/08/2014
OBRADOIROS primeiro cuatrimestre curso 2014-2015


USOS DA MÚSICA NO PRIMEIRO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL.

Recordar as características psicoevolutivas das idades comprendidas entre 0 e 3 anos. Establecer o uso do son e da música nas aulas da escola infantil. Mostrar as ferramentas para xerar espazos de traballo sonoro que propicien a aprendizaxe dos nenos e nenas. Espertar e desenvolver as capacidades musicais do persoal educador.

CÓDIGO:  2014 730

DIRECCIÓN: Uxío Pérez Rodríguez.

DOCENTES: Sara Cachón Blanco e María Rodríguez Ramos.

 DATAS: do 20 de Outubro ao 20 de Novembro, luns e xoves de 16.30 a 19.30 horas.

HORAS: 30

PRAZAS: 25

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

 

FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL E DE RÚA: HISTORIA E TÉCNICA.

Dar a coñecer dun modo profundo a historia da fotografía documental e de rúa. Difundir este tipo de cultura visual entre distintos tipos de colectivos e a cidadanía. Xerar simbiose entre o alumnado de belas Artes, Comunicación Audiovisual e demais persoas interesadas. Aprender a utilizar ferramentas dixitais da edición fotográfica.

CÓDIGO:  2014 732

DIRECCIÓN: Manuel Sendón Trillo.

DOCENTE: José María Rodríguez Romay.

 DATAS: 1, 3, 8, 10, 15,17, 22 e 24 de Outubro  de 16.00 a 20.00 horas.

HORAS: 32

PRAZAS: 10

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula Tecnolóxica da Casa das Campás.


FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL VS CINE DOCUMENTAL OU COMO O TEMPO PASA, ÁS VECES.

Formular paralelismos históricos entre fotografía e cine. Expoñer e discutir sobre a cuestión do tempo, como diferenza esencial. Casos de estudo: fotógrafos e cineastas. Formular e explicar os procesos de produción necesarios para a realización dunha película documental e dun proxecto fotográfico.  

CÓDIGO:  2014 734

DIRECTOR E DOCENTE: Pela del Álamo Herrera.

 DATAS: do 3 ao 6 de Novembro  de 16.00 a 21.00 horas.

HORAS: 30

PRAZAS: 25

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Seminario da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

A voz: Unha ferramenta para triunfar.

Mellorar a comunicación verbal e non verbal. Aprender a expresar as nosas opinións en público. Superar medos, complexos e inseguridades lingüisticas. Tomar decisións importantes para sí a través da expresión. Elaborar mensaxes de forma concisa, eficaz e autentica. Vocalizar e mellorar a dicción. Proxectar a voz. Aprender a usar un guión para non esquecer nada importante.

CÓDIGO:  2014 731

DIRECCIÓN: Benigno Fernández Salgado.

DOCENTE: Uxía Blanco.

 DATAS: Mércores e Xoves de Outubro ( desde o 29 ) e Novembro. Os  mércores de 14.30 a 16.30 horas e os xoves de 15:00 a 17:00 horas

HORAS: 30

PRAZAS: 20

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

COMMUNITY MANAGEMENT NO TERCEIRO SECTOR.

Achegar as redes sociais e a comicacion web. Manexar as principais redes sociais. Coñecer ferramentas para a xestión da comunicación 2.0. Adaptar a comunicación 2.0 ao terceiro sector. Desenvolver a figura do community Manager.

CÓDIGO:  2014 733

DIRECCIÓN: Iago Laje Növoa.

DOCENTE: Jorge Medal Conde.

 DATAS: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22 27, e 29 de Outubro e 3 de Novembro, luns e mércores de 16.30 a 19.30 horas.

HORAS: 30

PRAZAS: 12

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de Informática II da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

FACER UN FILME: DA IDEA Á PRODUCIÓN. TRABALLAR DENDE A PERIFÉRIA.

Explorar as múltiples posibilidades para facer un filme aquí e agora, trazando un percorrido polos aspectos máis creativos á hora de desenvolver un proxecto cinematográfico, a partir da análise crítica de visionados de fragmentos da obra do relator e a comparación con exemplos da historia do cinema.

CÓDIGO:  2014 735

DIRECCIÓN: Isabel Martínez Martínez.

DOCENTE: Ángel Santos Touza.

 DATAS: Do 27 ao 30 de Outubro de 16.00 a 21.00 horas.

HORAS: 30

PRAZAS: 25

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Seminario da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

*Info para todos os obradoiros:

Taxas: 40 € público en xeral

Descontos aplicables: - 25 % para menbros da comunidade universitaria e – 50 % para bolseiros/as MEC da Uvigo.

Créditos: 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS.

Matrícula aberta dende o oito de setembro en calquera sucursal de Novagalicia Banco.

 

+ INFO

Casa das Campás

Rúa Don Filiberto 9-11

36002 Pontevedra

T (+34) 986 802 080

F (+34) 986 802 082

campuspontevedra@uvigo.es

ACCESO AOS OBRADOIROS

 



Documentos
FICHA INSCRICIÓN cursos2014.docx
Obradoiros_outono2014_web.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es