Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Obradoiros

27/01/2015
OBRADOIROS segundo cuadrimestre curso 2014-2015


Fotografía publicitaria e de moda
Coñecer a produción fotográfica en publicidade. Coñecementos previos, propostas creativas. Exposición, iluminación, composiciñon. Procesado, edición, retoque.

Código: 2014830
Dirección: Mónica Valderrama Santomé
Datas: do 6 ao 13 de febreiro de 2015
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Aula Fotografía e Plató de cine. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Horario: de 16 a 21 horas
2 L.E/ 1 ECTS

Preferentemente alumnado de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual, Belas Artes e Deseño e Moda

Iniciación ao teatro
Interpretación. Mediante exercicios prácticos, fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade... Todas as calidades que un actor/actriz precisa.

Código: 2014831
Dirección: Salvador del Río Pérez
Datas: do 9 de febreiro ao 25 de marzo de 2015
Horas: 30
Número de prazas: 15
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Plató de cine. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Horario: Luns e xoves de 18 a 21.30 horas
2 L.E/ 1 ECTS

O corpo como medida: o espazo e o tempo ante o espectador
Desenvolver a expresión corporal. Recoñecer a importancia da propia corporalidade. Traballar co corpo en relación co espazo. Expresar coa posición do corpo no espazo. Establecer relacións co exterior a través do corpo. Reflexionar sobre o papel do corpo nas artes escénicas.

Código: 2014832
Dirección: Amaya González Reyes
Datas: do 2 ao 5 e do 9 ao 12 de marzo de 2015
Horas: 32
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Salón de actos Casa das Campás
Horario: de luns a xoves, de 16 a 20 horas.
2 L.E/ 1 ECTS

Recoméndase traer roupa cómoda e ganas de pasalo ben.

A comunicación cultural a través das redes sociais
Definir e aplicar estratexias de comunicación a través das redes sociais no ámbito cultural e social. Coñecer a alcance das redes sociais no sector cultural, identificar e estudar as estratexias. Incluír ferramentas de comunicación cultural fundamentais para un desenvolvemento eficaz do traballo: elaboración e estratexia de contidos, linguaxes web e aplicacións móbiles.

Código: 2014833
Dirección: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Datas: 3, 4, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de marzo de 2015
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Horario: de 16 a 19 horas
2 L.E/ 1 ECTS

Construción de instrumentos musicais. Didáctica de organoloxía e material reciclado
Estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado. Crear unha serie de instrumentos sen a necesidade de investir moito diñeiro. Contribuír co medio ambiente dando unha segunda oportunidade aos materiais, diminuíndo así a nosa pegada ecolóxica.

Código: 2014834
Dirección: David Carbajal Castiñeira e Bibiana Piñeiro Muñiz
Datas: do 7 de abril ao 11 de maio de 2015
Horas: 40
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Taller de madeira da Escola de Enxeñaría Forestal
Horario: luns a xoves de 16.30 a 18.30 horas
3 L.E/ 1 ECTS

Obradoiro de técnica vocal
Acometer a técnica vocal dende un punto de vista teórico e práctico, xa que necesitamos saber como funciona por dentro, e porque é a través da imitación, repetición e experimentación que podemos chegar a tornar orgánico algo que, en moitos casos, non é natural.

Código: 2014835
Dirección: Esperanza Mara Filgueira Rama
Datas: 23 e 25 de febreiro, 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de marzo e 6, 8, 13, 15, 20 e 22 de abril de 2015
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Aula 4. Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Horario: de 17 a 19 horas
2 L.E/ 1 ECTS

Obradoiro sonoro: escoita selectiva DIY
Abrir novos campos de experimentación entre a arte contemporánea e o son. Explorar as posibilidades do son como elemento artístico. Afondar na experimentación do ruído, o silencio, a escoita máis alá dunha concepción tradicional da música.

Código: 2014836
Dirección: Rocío Osorio García
Datas: 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de abril e 5, 6 e 7 de maio
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Horario: de 18 a 21 horas
2 L.E/ 1 ECTS

Distribución de películas: festivais e vendas
O obxecto deste taller é dar unha visión global da distribución e ventas dun filme, no caso particular do cine de autor. Como funcionan os mercados, as opcións que temos, que pasos debemos seguir. Como poder recuperar a nosa inversión e/ou ter beneficios, e tamén como poder difundir ao máximo o noso traballo.

Código: 2014837
Dirección: Isabel Martínez
Datas: do 11 ao 15 de maio de 2015
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Seminario Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Horario: de 16 a 21 horas
2 L.E/ 1 ECTS

* Información para os obradoiros
Descontos aplicables: -25% para membros da comunidade universitaria e -50% para bolseiros do MEC
Matrícula aberta dende o 26 de xaneiro.


Descarga voandeira obradoiros



Documentos
2015FICHA INSCRICIÓN Obradoiros.docx

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es