Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Obradoiros

07/10/2015
OBRADOIROS 1º Cuadrimestre 15-16


Fotografía documental e de rúa.

Dar a coñecer dun modo profundo a historia da fotografía documental e de rúa. Dar ferramentas para valorar e levar a cabo este tipo de traballos. Difundir este tipo de cultura visual entre distintos tipos de colectivos e a cidadanía.
 
Código: 2015/730
Dirección: Manuel Sendón Trillo
Datas: Do 30 de setembro ao 23 de outubro
Horario: Mércores e venres de 16:00 a 20:00 horas
Horas: 32
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Casa das Campás
2 L.E./ 1 ECTS


Obradoiro de organoloxía creativa.

Crear instrumentos de música con material reciclado. Coñecer instrumentos convencionais e non convencionais. Estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado.
   
Código: 2015/731
Dirección: Bibiana Piñeiro Muñiz
Datas: Do 20 de novembro ao 8 de decembro
Horario: De 16:00 a 18:00 horas
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Escola de Enxeñaría Forestal.
2 L.E./ 1 ECTS


Prevención de riscos laborais.

Capacitarse para o desenvolvemento das función preventivas a nivel básico. Manexar e interpretar a normativa vixente da seguridade. Motivar a toda a comunidade universitaria cara unha participación e comportamento preventivo. 
   
Código: 2015/732
Dirección: María José Montero Vilariño
Datas: 28 e 30 de setembro; 5, 7, 14, 19, 21, 26 e 28 de outubro e 4 e 9 de novembro
Horario: De 16:30 a 19:30 horas
Horas: 33
Número de prazas: 30
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Escola de Enxeñaría Forestal.
2 L.E./ 1 ECTS


Obradoiro de formación teatral.

Dotar ao alumnado dun abano de ferramentas o suficientemente amplo para realizar o seu traballo actoral. Exercicios prácticos para formentar a capacidade de concentración, memoria, imaxinación, creatividade, expresión.

Código: 2015/733
Dirección: Salvador del Río Pérez
Datas: Do 19 de outubro ao 3 de decembro
Horario: De 18:30 a 21:00 horas
Horas: 30
Número de prazas: 25
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
2 L.E./1 ECTS


Obradoiro de música vocal moderna.

Traballar a base da técnica vocal para entender a relación corpo-voz. Coñecemento e clasificación das voces. Traballar aspectos relativos ao traballo do conxunto coral. Improvisación. Arranxos vocais.

Código: 2015/734
Dirección: Pablo García Ferradás
Datas: Do 8 de outubro ao 10 de decembro
Horario: Xoves de 17:00 a 20:00 horas
Horas: 30
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
2 L.E./1 ECTS


*DESCONTOS APLICABLES

Se es bolseiro/a MECD podes gozar dun 50% de desconto sobre o prezo do curso.
Tamén un 25% para aqueles membros da comunidade universitaria.

Os descontos non son acumulables.


INSCRICIÓNS E MATRÍCULA

As inscricións e matrícula faranse online.

As persoas farán primeiro unha preinscrición través da web, na ligazón: https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades a partir do 21 de setembro de 2015.




Documentos
01_ObradoirosExtension_2015_2016-W.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es