Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Obradoiros

01/02/2016
Obradoiros segundo cuatrimestre


No seguinte folleto recóllense os obradoiros convocados neste segundo cuatrimestre.

INSCRICIÓNS E MATRÍCULA

As inscricións e matrícula faranse online.
Inscricións: preinscrición a través da web, na ligazón:

https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades

Período: a partir do 1 de febreiro

Matrícula e pagamento: En canto se chegue ao número mínimo necesario para formar o grupo (segundo cada obradoiro), as persoas que fixesen preinscrición recibirán unha mensaxe vía correo electrónico para que confirmen a súa reserva e efectúen o pagamento nun prazo de 48 horas. As persoas que desexen acollerse a redución por ser bolseiras ou solicitantes da bolsa MEC, deberán pórse en contacto coa Área de Servizos á Comunidade de Pontevedra no tlf.986802024 (en horario de oficina) ou por correo electrónico ao enderezo xacopo@uvigo.es, como paso previo ao pagamento, a fin de comprobación da súa condición de bolseira/solicitante de bolsa MEC.

Prezo:
Público en xeral: 40 euros
Comunidade universitaria: 26 euros

- Todos os obradoiros teñen 30 horas e están recoñecidos con 2 créditos de L.E./1ECTS



Documentos
Folleto Obradoiros 2C.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es