Vantaxes

Pontevedra, o Campus CREA

O Campus Crea de Pontevedra aposta pola especialización a través da arte, da comunicación e da creatividade, da educación, da innovación social e da xestión pública, do deporte, da saúde e benestar e do medio ambiente e da natureza. No campus atoparás as facultades e escolas, a Biblioteca Central, o pavillón universitario, as cafeterías e os comedores e os nosos servizos administrativos (xestións de matrículas, bolsas, voluntariado, préstamo de bicicletas, rexistro…).

 

 

Manequíns espidos de ESDEMGA

Estudar en Pontevedra

Unha ampla e diversa oferta formativa especializada en modalidade presencial, semipresencial e virtual. Vinte e sete titulacións diferentes: graos, mestrados e doutoramentos.

Ver titulacións

Mesa de son na Facultade de ciencias Sociais

Investigar en Pontevedra

A investigación, unha aposta do campus. Numerosos grupos e equipos de investigación desenvolven o seu labor nas instalación e nos equipamentos existentes no campus.

Investiga canda nós

Cultura Campus Pontevedra UVigo

Cultura en Pontevedra

Non todo é estudar. Formarse de xeito integral e transversal, espertar a curiosidade, cultivar diversas facetas culturais (conferencias, ciclos de cinema, exposicións…). A isto orientanse as numerosas actividades culturais do campus.

Ver oferta cultural

Deporte en Pontevedra

Queres seguir practicando a túa actividade deportiva favorita? Queres iniciarte nunha nova? A través da Área de Benestar, Saúde e Deporte podes facelo no campus de Pontevedra.

Be mUVer

deporte uvigo pontevedra