Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Cursos

15/04/2014
CURSOS EXTENSIÓN UNIVERSITARIA 2014


NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS:

ENSINAR CIENCIAS CON XOGUETES INTERACTIVOS E A PIZARRA DIXITAL. UNHA EDUCACIÓN PARA O SECULO XXI. Ver programa

Mostrar novos recursos para ensinar ciencias nas etapas de educación infantil e primaria.

Analizar as posibilidades didácticas de diversos xoguetes programables e interactivos.

Directores: María Mercedes Álvarez Lires e José Francisco Seralle Marzoa.

Horas:  52    Prazas:  35     Prezo:  90€

Créditos: 3 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: Do 2 ao 25 de Xuño.

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

COCIÑA AFRODISÍACA, O PRACER ALÉN DOS SENTIDOS. Ver programa

Achegar dun xeito divertido e sen tabús a cociña afrodisíaca ás persoas. Promover coñecementos teórico-prácticos de utilidade para os asistentes.

Directora: Aida Cousillas Iglesias.

Horas:  30     Prazas:  35     Prezo:  40 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: 8, 10, 15, 17 e 22 de Xullo.

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

RECURSOS TURÍSTICOS NOS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS. Ver programa

Ampliar e actualizar os coñecementos sobre os espazos naturais protexidos, especialmente o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Coñecer a variedade de modalidades, actividades e produtos turísticos vinculados á natureza

Directora: Marta Carnero Vich.

Horas:  32     Prazas:  35     Prezo:  45 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: do 28 de Xullo ao 1 de Agosto.

Lugar de celebración: Casa das Campás.

APLICACIÓNS E FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS NOS ÁMBITOS DA EDUCACIÓN E DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE. Ver programa

Presentar recursos tecnolóxicos asequibles para a mellora da práctica profesional no ámbito do deporte e a actividade física. Coñecer fontes e recursos onde atopar aplicacións gratuítas para o adestramento e mellora da actividade física.

Directores: Carlos Lago Peñas e Jorge Viaño Santasmarinas.

Horas:  30     Prazas:  40     Prezo:  35 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: 28, 29 e 30 de Maio.

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

O LIDERADO NAS AULAS. OUTRO XEITO DE ENTENDER A PROFESIÓN DOCENTE. Ver programa

Coñecer a importancia do desenvolvemento e educación emocional do estudantado, así como entender o rol do persoal educador como líder tanto dende o ámbito do exemplo coma da súa propia función de transmisores de coñecemento.

Director: Uxío Perez Rodriguez.

Horas:  30     Prazas:  35     Prezo:  65 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: do 7 ao 10 de Xullo.

Lugar de celebración: Aula 11 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

INTRODUCIÓN Á PSICOLOXÍA PERINATAL E OS SEUS ÁMBITOS DE ACTUACIÓN. Ver programa

definir e afondar sobre as áreas de actuación da Psicoloxía Perinatal ( Xestación/Embarazo, parto/nacemento,posparto/primrira crianza). Psicopatoloxía e alternativas de intervención en situacións clínicas ligadas ao proceso de maternidade/paternidade.

Director: Manuel Isorna Folgar.

Horas:  34     Prazas:  50     Prezo:  35 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: 17, 18, 21, 22 23 e 24 de Xullo.

Lugar de celebración: Auditorio Municipal de Catoira.

DETECCIÓN, AVALIACIÓN, INTERVENCIÓN E APOIO EN VIOLENCIA FAMILIAR E DE XÉNERO. Ver programa

Definir e identificar a violencia familiar e de xénero e as súas manifestacións morfolóxicas. Adquirir coñecementos relativos a detección da violencia familiar e de xénero desde diferentes contextos, así como estratexias de intervención e apoio ás víctimas.

Directora: María José Vázquez Figueiredo.

Horas:  30     Prazas:  40     Prezo:  40 €

Créditos: 2 C.L.E / 1 E.C.T.S

Datas: do 17 ao 20 de Xuño.

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

A matrícula comezará o 2 de maio e rematará 10 días antes do inicio de cada curso.

Descontos aplicables:

   -25% para membros da comunidade univesitaria

   -50% para as persoas con bolsa MECD.

Para formalizar a matrícula, despois de ingresar a cantidade correspondente en calquera sucursal de Novagalicia Banco, debe cubrirse a ficha de inscrición e presentar esta documentación, xunto cunha copia do DNI no caso das persoas alleas á comunidade universitaria, e da credencial de bolseiro/a, de ser o caso, nos lugares habilitados para a matrícula.

DESCARGAR FICHA INSCRICIÓN.

PROGRAMA CARA A.

PROGRAMA CARA B.

 



Documentos
FICH@ INSCRICIÓN cursos2014.docx

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es