Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Cursos

17/09/2014
Cursos Aula tecnolóxica


Community Management

Docente: Marta Crespo Cruces

Duración: 6 sesións de 2 horas (12 horas)

Calendario: 6, 8, 9, 13, 15 e 16 de outubro

Horario: de 19.00 a 21.00 horas

Preinscrición: do 29 de setembro ao 5 de outubro

Introdución:

O obxetivo do curso e afondar no coñecemento das principais redes sociais que existen actualmente e na súa xestión estratéxica dentro do plan de comunicación e marketing dunha empresa.

Obxectivos

·         Dotar ao alumnado dos conceptos básicos sobre a contorna 2.0 e as redes sociais.

·         Ofrecer ao estudantado as ferramentas necesarias para monitorizar, xestionar e medir a actividade nas redes sociais a nivel profesional.

·         Dar as claves ao alumnado para desenvolver un plan de Social Media que se englobe no plan de comunicación e marketing da empresa.

 

Processing: unha porta de entrada ao código creativo

Docente: Alberto García Ariza

Duración: 6 sesións de 2 horas (12 horas)

Calendario: 10, 17, 24 e 31 de outubro e 7 e 14 de novembro

Horario: de 19.00 a 21.00 horas

Preinscrición: do 3 ao 9 de outubro

Introdución:

O obxetivo do curso e introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática. Para iso buscarase una linguaxe fácil, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia como para o deseño gráfico, a escena artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría.

Obxectivos

·         Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.

·         Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos.

·         Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

Metodoloxia

Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula.

 

Introdución á análise de datos con excel

Docente: Juan Elosúa Tomé

Duración: 6 sesións de 2 horas (12 horas)

Calendario: 27, 29 e 30 de outubro e 3, 5, 6 de novembro

Horario: de 19.00 a 21.00 horas

Preinscrición: do 17 ao 24 de outubro

Introdución:

Actualmente estamos expostos a moitos máis datos que en calquera outro momento da historia, moitos máis dos que somos capaces de asimilar ou reter. Una edición dominical de calquera periódico contén máis información da que una persoa do Renacemento podía acceder ao longo de toda a súa vida. Pero a información en bruto non serve de nada, e neste sentido, Excel é una ferramenta moi poderosa para a análise de datos.

Obxectivos

·         Iniciar ao alumnado no mundo da análise de datos.

·         Darlle a coñecer o potencialdas características do software orientadas a estas técnicas.

·         Introducir o alumnado nas principais técnicas de extracción e análise de datos.

·         Facer que o alumnado coñeza a importancia da información na conxuntura actual.

Metodoloxia

Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula.

Introdución e fundamentos de maquetación de páxinas web con CSS

Docente: Yago Gestoso Souto

Duración: 6 sesións de 2,5 horas (15 horas)

Calendario: 25 e 27 de novembro e 2, 4, 9 e 11 de decembro

Horario: de 19.00 a 21.00 horas

Preinscrición: do 17 ao 24 de novembro

Introdución:

Malia que non estamos xa nos primeiros días da web, cómpre transmitir que a crítica importancia de ter un sitio web apropiadamente “deseñado”, accesible e utilizable, é ainda una das tarefas máis desafiantes que as persoas expertas en comunicación necesitan enfrontar. Con este curso queremos dotar ao alumnado dos fundamentos básicos para conseguir tal meta grazas á maquetación de documentos html por medio de follas de estilo CSS.

Obxectivos

·         Dotar ao alumnado dos fundamentos básicos de maquetación de páxinas web con follas de stilo en cascada.

·         Dar a coñecer a dita linguaxe cun enfoque práctico para que en poucos pasos o alumando poida maquetar código CSS dunha maneira depurada.

·         Capacitar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida afondar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

Metodoloxia

Exposición de contidos teóricos e exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula.

 

MATRÍCULA

Desde a plataforma BUBELA

http://bubela.uvigo.es

 

 



Documentos
Cursos_aulatecnoloxica_2014_2015_web.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es