Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Cursos

23/09/2014
FORMACIÓN EN LINGUAXE INCLUSIVA PARA PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR



Descrición

O Curso de formación en linguaxe inclusica para persoal docente e investigador insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. A devandita acción formativa está coorganizada pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula

01/08/2014 - 20/10/2014 

Período de docencia

22/10/2014 - 30/10/2014

Prazas e créditos

Número máximo de participantes

20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Comprender a relevancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para a consecución da igualdade de xénero.
  • Dotar ao profesorado de ferramentas para a análise e detección do sexismo na linguaxe.
  • Contribuír á adquisición de hábitos de uso dunha linguaxe inclusiva na práctica docente e investigadora.

Criterios de selección

Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Días: 22, 23 e 30 de outubro.

Horario: de 09.30 a 14.00 horas.

Parte virtual: 27, 28 e 29 de outubro (ambos incluídos).

Programa

22 de de outubro

    09.30-11.30     Introdución aos conceptos básicos da linguaxe inclusiva
                          Docente: Beatriz Suárez Briones

    12.00-14.00    Palabras e discursos: a construción dos significados
                         Docente: María Jesús Fariña Busto


23 de outubro

   09.30-11.30    A linguaxe inclusiva en inglés
                        Docente: Belén Martín Lucas

   12.00-14.00    Estratexias prácticas da linguaxe inclusiva
                        Docente: Olga Castro Vázquez


27-28-29 outubro incluidos: sesións de traballo individual non presencial


30 de outubro

   09.30-10.30    Posta en común e conclusións da unidade 1
   10.30-11.30    Posta en común e conclusións da unidade 2
   12.00-13.00    Posta en común e conclusións da unidade 3
   13.00-14.00    Posta en común e conclusións da unidade 4

Impartido en

Campus de Pontevedra. O día 30 de outubro desenvolverase na aula de videoconferencias da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a cinco sesións completas das seis que ten o curso e obteña unha cualificación de apto/a na parte virtual.

Profesorado

BEATRIZ SUÁREZ BRIONES
Profesora da Universidade de Vigo

MARÍA JESÚS FARIÑA BUSTO
Profesora da Universidade de Vigo

OLGA CASTRO VÁZQUEZ
Profesora da Aston University of Birmingham

BELÉN MARTÍN LUCAS
Profesora da Universidade de Vigo

Páxina web do curso


 


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es