Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Cursos

06/10/2014
Cursos para os equipos dos Plans de Autoprotección‏


Curso teórico-práctico de “Primeiros Auxilios”: 13 de outubro de 9:00 a 12:00 horas.

O curso terá lugar na Escola de Enxeñaría Forestal, na Aula 2.

Curso práctico de “Loita contra incendios” : 23 de outubro de 9:30 a 13:30 horas.

O curso terá lugar nas instalacións de  Seganosa (Salvaterra de Miño).

Haberá un autobús para trasladar ao persoal desde Pontevedra a Seganosa. Ao rematar o curso, o autobús levará de novo ao persoal ao campus.

Informámoslle que é un curso práctico, con lume real, polo que se recomenda levar unha muda de roupa interior, xa que  en SEGANOSA terán que poñerse uniforme de bombeiro, que alí mesmo lle facilitarán, e ó facer as prácticas       a roupa interior adoita a mollarse pola suor.

Curso práctico de “Equipos de Alarma e Evacuación”: 27 de novembro de 9:30 a 13:30 horas.

O curso terá lugar no Campus de Pontevedra, o curso consistirá en dúas prácticas, unha con extintores nun espacio aberto e outra de alarma e evacuación nunha aula.

 Máis adiante concretaranse os lugares de realización das prácticas.

Adxuntase o impreso de solicitude que deberá ser cuberto por todos os participantes e remitido a sprlformacionesaude@uvigo.es

 

Tamén se pode cubrir no seguinte enlace:

http://www.uvigo.es/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/prevencion/sol_curso.pdf



Documentos
SOLICITUDE PARTICIPACION.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es