Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Novidades do Campus

22/11/2016
Obradoiro de memética feminista


No marco das actividades do 25N Contra a Violencia de Xénero, a Unidade de Igualdade organiza o Obradoiro de memética feminista impartido por Elena Fraj, profesora na Facultat de Belles Arts da Universitat de Barcelona.

Neste taller, a profesora centrarase na guerrilla da comunicación contra a violencia de xénero e amosará tácticas e ferramentas para a creacion de campañas, memes e mensaxes virais para loitar contra representacións patriarcais e estereotipadas da violencia de xénero.

O obradoiro terá lugar o próximo mércores 23 de novembro no laboratorio de novas tecnoloxías da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, de 17:30 a 20:30.

A actividade é gratuíta. As persoas interesadas en inscribirse terán que enviar unha mensaxe electrónica a igualdade@uvigo.es cos seguintes datos:

-Nome e apelidos
-Número de DNI
-Titulación/ámbito profesional de procedencia
-Campus no que se desexa facer o taller

As persoas que asistan ao taller completo recibirán un certificado de asistencia.



Elena Fraj Herranz

Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autónoma de Barcelona. Profesora na Facultat de Belles Arts (UB) no departamento de Artes Visuais e Deseño dende 2006.

Combina a docencia e a investigación coa producion audiovisual, artística e activista. O seu interese céntrase nas visualidades e a representación sobre a guerrilla comunicativa, a memoria e o feminismo.

Actualmente atópase traballando sobre arte contemporánea no Estado español e representación da violencia machista.


Achegamos pdf coa información completa do obradoiro.



Documentos
Obradoiro memética feminista_completo.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es