Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Novidades do Campus

25/11/2016
A xeopolítica Ibérica na gobernanza global


A Casa das Campás acolle o próximo luns o curso A xeopolítica Ibérica na gobernanza global: España e Portugal no mundo, promovida pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEE), coa colaboración da Vicerreitoría do Campus. O congreso estará inaugurado por Salustiano Mato de la Iglesia (Director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal e Reitor da Universidade de Vigo) e Miguel Ángel Ballesteros Martín (Director Xeral do Instituto Español de Estudos Estratéxicos).

Contará coa presenza de diversos docentes da rede de universidades da Península Ibérica expertos en materia de seguridade, defensa e política, que abordarán durante os días 28 e 29 de novembro as relacións entre España e Portugal no mundo global.

Achegamos o cartaz con toda a información detallada do evento.



Documentos
Visions_Xeopoliticas_Peninsula_Iberica.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es