Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Novidades do Campus

19/01/2017
Política e economía da Unión Europea


Política e economía da Unión Europea é un traballo feito polos docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Constantino Cordal, Xulio Pardellas e Celso Cancela, que foi presentado o pasado martes na Casa das Campás.

Tres meses investiron os docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en publicar Política e economía da Unión Europea, un volume que ten o obxectivo, en palabras dos seus autores, de “ofrecer una visión breve, pero con rigor, do funcionamento da Unión Europea desde unha perspectiva multidisciplinar, que implica o enfoque político e institucional, unido ao encadramento económico, coa finalidade de facilitar os elementos e claves básicas para comprender e interpretar as principais actuacións comunitarias”.

A necesidade de contar con material de apoio básico para o desenvolvemento das aulas da materia Política e Economía da Unión Europea no Grao de Dirección e Xestión Pública, impulsou aos docentes e investigadores a publicar este volume “concibido para a duración da materia. Esta é precisamente unha nota diferenciadora con respecto a outras publicacións, que son dificilmente abarcables nun cuadrimestre”, explican Cordal e Cancela, que se ocuparon da parte política, mentres que Pardellas se encargou da económica.

O libro está orientado a todos aquelas persoas que desexen acceder a uns coñecementos básicos sobre o proceso de integración e a Unión Europea.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es