Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Novidades do Campus

13/02/2017
Rostros, máscaras e identidades
Relatorio da filóloga Inés D’Ors este mércores na Casa das Campás

A Vicerreitoría do Campus, en colaboración co Programa para Maiores, organiza unha serie de actividades que terán lugar durante as vindeiras semanas na Casa das Campás. A primeira delas será o relatorio dado pola filóloga Inés D’Ors, quen abordará una conferencia arredor da importancia do rostro na literatura ou na arte.

Baixo a premisa de que o rostro é o espello da alma, nace a reflexión na que afondará D’Ors no relatorio "Rostros, máscaras e identidades".

"Desde un punto de vista antropolóxico, o rostro é un elemento clave da persoa, é aquilo que lle confire individualidade, pero tamén no ámbito artístico e literario ten un papel primordial”, salienta esta doutora pola Universidad de Zúrich, que tivo na difusión e investigación das linguas hispánicas o eixo da súa traxectoria profesional. Autora de diferentes libros e artigos sobre estas materias, DOrs exerceu durante preto de 20 anos como responsable de adquisicións na Biblioteca Cantonal e Universitaria de Zúrich, para logo desenvolver o seu labor docente na Universidad de Neuchâtel, e, xa de regreso a España, centrar o seu labor na edición de catálogos de arte.

Promover unha reflexión sobre o papel do rostro "na expresión e na configuración da identidade persoal", así como abordar o "papel e significado do seu ocultamento a través da máscara centrarán un relatorio programado para as 20.00 horas. "A verdade é que non pretendo nada máis que suscitar o interese dos oíntes por un tema que me parece apaixonante; porque ten que ver coa nosa vida, co noso modo de ser e de estar no mundo e porque enriqueceu a miña visión en dous campos moi próximos a min, a literatura e a arte”, sinala dos que serán os eixos dunha reflexión nacida precisamente da súa investigación sobre textos literarios.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es