Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Novidades do Campus

20/04/2017
Primeiro concderto do trío de canas Veteris
O grupo estréase este xoves ás 20:30 na Casa das Campás

Este xoves 20 de abril, ás 20:00 horas no marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación, a Casa das Campás acolle a primeira actuación do trío de canas Veteris, integrado polos músicos Ferrán Calatayud (fagot), David Garrido (oboe) e Federico Vázquez (clarinete). Nunha actuación con entrada libre ata completar aforo, esta formación, interpretará unha serie de pezas pouco coñecidas de compositores de música de cámara do século XX.

Repertorio:

  • Rondó de Konolosky
  • Trío de Henri Sauguet
  • Trío de BirgerBlomdhal 
  • Reminiscencias Arxentinas de L. Zuckert

Nota:

Mini Rondó (Konovalsky): obra dividida en tres partes, de ritmo frenético e cheo de virtusismo na primeira e terceira, e unha parte central lenta e melódica.

Trio (H.Sauguet): dividida en catropartes:Allegroscherzando, andantino pastoral, vivo e rustico e Variaciónsdun Coral.

Trio (K.B.Bomdhal): o compositor sueco foi un dos músicos máisvangardistas da súaxeneración. Dividido en catro partes, este trio explora diferentes técnicas seriais, así como as máistradicionais formas musicais, como a fuga.

Reminiscencias Arxentinas: esta obra, escrita para os membros da orquestra sinfónica de Tenerife, foiestreada en 1981. O compositor,nado en Rusia pero nacionalizado canadiense, mestura disonancias e melodías populares dunxeitomaxistral. En la Pampa: Crepúsculo vespertino - Capricho Gaucho

 


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es