Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus





05/03/2018
A Universidade reforza os seus lazos co Brasil ao abeiro de ‘Lapassion’


O 21 de febreiro, Vigo convertíase na primeira universidade europea en asinar un memorando, que contempla accións nos ámbitos educativo, científico e tecnolóxico, co Conselho Nacional das Innstituições da Rede Federal de Educação Profissional, Científica e Tecnológica do Brasil, Conif, así como unha serie de convenios específicos de colaboración con 25 institutos federais deste país. Entre eles, os de Goiás, Minas Gerais, Maranhao, Amazonas e Sul, que ao longo da xornada do mércores participaron na Casa das Campás nun encontro de traballo do proxecto europeo Lapassion, do que Vigo, a través do Campus Crea S2i, é unha das 15 institucións europeas e americanas participantes. Reunión que se viu complementada, á súa vez, por un encontro do reitor, Salustiano Mato, cos representantes destes cinco institutos federais, xunto con Carlos Ramos, vicerreitor do Instituto Politécnico do Porto e coordinador de Lapassion, un proxecto financiado con preto dun millón de euros polo programa Europeo Erasmus+.

Tralo encontro, Mato celebrou a liña de continuidade que supón, unha semana despois da súa visita a Brasil, esta nova xuntanza cos responsables dos institutos federais, na que estiveron presentes o presidente da Conif, Roberto Gil Rodrigues de Almeida; o reitor do IF de Goiás, Jer�nimo Rodrigues da Silva e o vicerreitor desta institución Ruberley Rodrigues de Souza; o reitor do IF do Sul, Flávio Luis Barbosa Nunes, e a representante do IF do Amazonas Sandra Magni Darwich; xunto co vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa. Previamente, os responsables destes institutos federais participarán nun encontro de traballo do proxecto Lapassion (Latin-America Practices and Soft Skills for and Innovation Oriented Network), no que tamén participan universidades de Finlandia, Uruguai e Chile, ademais de españolas e portuguesas, dirixido, entre outros aspectos, a promover a mobilidade de estudantes co propósito de desenvolver proxectos multidisciplinares en diferentes institucións americanas.

☞Artigo de Eduardo Muñiz para o DUVI

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es