Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus





09/04/2018
O EXP-UVigo segue a estela do líder grazas á súa quinta vitoria consecutiva


Tralo parón da Semana Santa, que levou a varios dos seus integrantes aos campos de refuxiados sirios en Xordania, no marco do proxecto Chess Strategy for Peace, o Escola de Xarez Pontevedra-Universidade de Vigo-Estratexia Pola Paz, retomou esta fin de semana a competición autonómica mantendo a súa boa liña como equipo visitante. O equipo universitario, o que máis puntos suma fóra da súa casa nesta competición, superou por 1-5 no seu campo ao Círculo das Artes de Lugo, o que lle permite manterse a dous puntos do líder da competición o equipo da USC, que sumou idéntico resultado nesta xornada no seu enfrontamento co Círculo Chantadino.

Catro vitorias e dúas táboas

Nunha rolda á que o equipo pontevedrés acudía coa baixa de Alberto Portela, que se atopa disputando en Xaén o Campionato de España Universitario de Xadrez, o triunfo comezou a fraguarse coa vitorias de Pablo García e Pablo Vidal no esgundo e sexto taboleiro, mentres que no terceiro e no cuarto Daniel Rivera e David García tiveron que conformarse coas táboas. A estes resultados sumáronse as dúas vitorias máis traballadas da xornada, no primeiro e no quinto taboleiro. Por unha banda, Miguel Senlle facía valer, con negras, o seu dominio da apertura italiana e do bo facer no medio xogo da partida, mentres que Víctor Miguel acadaba unha difícil vitoria nun complexo final de alfil contra cabalo.

Tras esta nova vitoria a domicilio, a quinta consecutiva do equipo universitario, o EXP-Universidade de Vigo mantense a dous puntos do líder da División de Honra, co que terá que medirse na penúltima xornada. Antes, a vindeira fin de semana, recibirá en Pontevedra ao Padrón A-Sociedad Cultural Padronesa, oitavo clasificado.


☞Artigo de Eduardo Muñiz para o DUVI

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es